miércoles, 11 de julio de 2012

Bolsa de emprego para a mina de Corcoesto

O Concello de Cabana creou unha bolsa de emprego para contratar persoal para a mina de Corcoesto.

En principio a mina comezaría a funcionar no 2013, aínda que xa se creou algún posto relacionado cos estudios previos do terreo.

As persoas interesadas en inscribirse nesta bolsa de emprego teñen que presentar a seguinte documentación:

  • Instancia normalizada que podedes conseguir no Concello
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Curriculum vitae
  • Informe de vida laboral (tedes que pedila na seguridade social)

MÁIS INFORMACIÓN chamando ó teléfono do Concello 981.754.020 (Silvana Facal) ou enviando un correo a silvana.facal@cabana.dicoruna.es

2 comentarios:

  1. O concello de Cabana que é? O departamento de recursos humanos de Edgewater?

    ResponderEliminar
  2. O concello de Cabana de Edyewater, selecciona personal para traballar na mina... seguramente os criterios de selección de personal e o funcionariado do concello encargado para tal misión sexan do máis competentes o obxectivos.
    PENOSO¡¡

    ResponderEliminar